Os primeiros movementos nos bancos do Fútbol da Costa

Dani Casal, novo adestrador do Sofán SD

Rematou o groso da temporada masculina (ollo que queda a Gala, da que daremos conta estes mesmos días), e xa hai movementos nos bancos dos nosos equipos.

Algúns singulares, como a fichaxe de Dani Casal ao Sofán, relevando a Pablo Torreira, tras ser escollido como Mellor Adestrador da Costa despois de ascender ao San Lorenzo hai 3 temporadas, e pasar dous anos no Relámpago e no Orillamar da 1ª FUTGAL. Subirá á Preferente o adestrador carballés, categoría na que Pablo Conde seguirá na súa 7ª temporada á fronte do equipo.

Un peldaño máis abaixo parece claro que seguirá Pataca en Muxía, e Iván Rojo no recén ascendido San Lorenzo. Veremos que acontece no Castriz, onde a continuidade de Barca está no aire.

Na Liga da Costa parece que seguirán Adán en Esteiro, e é probable que faia o mesmo Juan Cabrejo en Camariñas a pesar do descenso. Seguro que hai cambios e Fisterra, na directiva e no banco. Outros que parece que seguirán serán Mingui no Cabana; Ángel e Isi no Corcubión, Jorge no Ponteceso, Ángel no Corme; Michel no Oza; Geno no Outes, Zalo no filial do Sofán; ou De la Sierra e Basti no Soneira, tras substituír a José Abelenda, que xa soa para algún que outro banco…
O que xa é seguro que Mayor non será adestrador do Porteño nin Adrián Lema no Coristanco, que xa anunciaron as súas despedidas. E pendentes estaremos de David Baña e as súas negociacións co seu benquerido Malpica, e de Diego Lobelos e Doriño, aínda en competición na esperada fase de ascenso.

Para a 3ª, Rubé Forján xa anunciou que sae do Zas; pero hai moitos visos de continuidade por Joaquín en Muros, Bibi no Monte Louro (aínda pendentes dunha posible salvación por ascenso); Periscal no proxecto de base do Mazaricos; ou Gurita no Cerqueda, aínda en competición.