Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8

Os cadros completos en www.copadacosta.com Xa temos campións da Copa da Costa F8, para as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín. O pasado sábado 11 de xuño, o campo de Fontenla de Santa Comba acollía aos peques nun acto que serviu ademais para celebrar o 50 aniversario do club xalleiro. Foi unha festa completa do fútbol base con máis de 200 rapaces de 20 equipos competindo polo simbólico trofeo. Emoción e moita en cada partido, con moitas eliminatorias decididas por penaltis, como a finalísima dos Alevíns, que gañaba o Sofán, a todo un Outes campión da Liga, por penaltis. Este era o momento de alegría dos peques carballeses: [fbvideo link="https://www.facebook.com/1392941004340753/videos/1561747004126818/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
O Sofán, Campión da Copa da Costa Alevin-Foto-SD

Outes, arrasa en benxamíns

Finais das Copas de F8-Foto-Jose Maria Suarez Precisamente o Outes arrasaba en Benxamíns, eliminando primeiro ao Coristanco, despois ao Cee, campión ligueiro, e na final ao campión do norte, o Cabana.
O Cabana-Foto-Cabana

Igualdade máxima en Prebenxamíns

Os máis peques, con só semis e final, tiveron máxima igualdade. O Cee superou con solvencia ao Xallas nas semis, e na final a un Fisterra que superara nos penaltis ao Outes.
Foto-Jose María Suárez
Foto-Jose María Suárez
Foto-Jose María Suárez
Foto-Jose María Suárez
Foto-Jose María Suárez
O do Cupón non podía faltar nas finais de F8 de Sánta Comba-Foto-José María Suárez    

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).