O Soneira non puido, pero #QPCtv si que invadiu Negreira

Santi, Antón e Óscar aos mandos de QPCtv

Espectacular o vivido este domingo no Municipal Jesús García Calvo. O equipo de #QPCtv acodía á chamada do SD Negreira e o Concello nicrariense para retransmitir un choque do equipo dirixido por toda unha lenda do fútbol galego como é Chus Baleato. A verdade que o trato foi exquisito e puidemos disfrutar dun equipo que ten estado en cotas moito máis altas, e que de seguro, polo visto no campo, pronto revivirá.

Nada puido facer o Soneira ante o equipo local, pero a retransmisión tivo de todo. Ademais de goles, tivemos ata a sorte de entrevistar ao mesmo José María Caneda, un histórico da 1ª División nos seus anos á fronte do Compostela, que lembrou con Santi Caamaño as súas vivencias campais, por exemplo, en Muros.
Tamén nos chegaron mensaxes incribles, como as de Ricardo Vidal dende Senegal!

A retransmisión serviu tamén para darlle á despedida a Antón Lestón. O corcubionés segue medrando na súa meteórica carreira xornalística, e malia que nos durou menos do que pensabamos, nos quixemos agradecerlle a súa implicación e desesxarlle toda a sorte do mundo.

En calquera caso, seguirémolo de preto, porque a vindeira fin de semana cazarémolo no campo no Cee-Montelouro que imos retransmitir, nun partido no que xa estará aos mandos do equipo de locutores Adrián do Regenco, a gran fichaxe que xa anunciamos no directo.


Adrián do Regenco xa colleu a luva de Antón

Xa tendes o partido completo en www.qpctv.gal. Aquí vos deixamos unhas imaxes do choque:


Caneda con Santi Caamaño para QPCtv


Berto, o ex do Volantes, foi protagonista postpartido tralos seus dous tantos


Javi Souto foi o protagonista por bando soneirán

Amador Moldes, directivo do Negreira, vinculou na previa a historia da SD co Fútbol da Costa