Todos os peques ao campo de F8

Imaxe dun choque dos peques de Sofan e Coristanco

Finais de febreiro e agora si se poñen en competición todos as ligas federadas. Arrincan as Ligas de F8 de Alevíns e Benxamíns do Norte da bisbarra. Unhas ligas ben cortiñas, que se completan coa dos Prebenxamíns que xa leva unha semana en xogo e que engloba a toda a bisbarra.

As Ligas polo Sur

Peques do Sofan celebrando un golazo

Chámanse así pero mesmo xogan equipos de Sofán, que non quixeron esperar ata finais de febreiro para comezar a competición. As Ligas Alevín e Benxamín Sur xa están pola xornada 20. Nos Alevíns vemos ao Outes destacado, con 5 puntos de vantaxe sobre o Sofán Afición, e 8 sobre o Xallas A. Cee e Fisterra completan o quintento destacado de cabeza.

En Benxamíns, é o cadro ceense o que vai de líder, con 4 puntos sobre o Outes e 9 sobre Fisterra.

Arrincan no Norte

Esta fin de semana, 7 equipos en Alevíns, e 5 en Bexamíns arrincan as Ligas do Norte, mentres os 12 equipos de toda a zona xa compiten dende a semana pasada en Prebenxamíns.

Aquí vemos o último partido de preparación dos alevíns do Buño ante os da SD Sofán, que a levan competindo no sur dende hai meses.

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).