Un Torneo solidario dos Veteranos para axudar a Mi Princesa Rett

O concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; a presidenta do Cances, Yolanda Duarte; o alcalde de Carballo, Daniel Pérez; e Noelia Garrido, nai de Daniela, a "princesa Rett" que inspira esta causa.

O club de veteranos carballés Cances CF presentou onte o II Torneo Internacional de Veteranos (+35) "Costa da Morte". Unha cita que axudará a apoiar a loita contra a síndrome de Rett, unha enfermidade rara que afecta ao desenvolvemento neurolóxico.

Todo o recadado a través das entradas solidarias —que terán un prezo simbólico de 3 euros, que inclúen unha pulseira — destinarase integramente á Asociación Princesa Rett, en especial para axudar á pontecesá Daniela e ás princesas da zona, algunhas das cales estarán no torneo.

Os partidos, que se disputarán os 18 e 19 de xullo comezarán ás 9:00h O torneo contará cun cartel de luxo conformado por doce equipos de diversas
procedencias xeográficas, divididos entre escuadras locais, nacionais e internacionais:

  • Representación local e da costa: Veteranos de Oza, San Román e Deportivo Carballo.
  • Desde a Coruña e Ferrolterra: Veteranos de Rossonero, Veteranos Canarimbos e o equipo dos Bombeiros de Narón.
  • Visitantes nacionais: Juventud León (que repite por segundo ano), Veteranos de Zamora e Veteranos de Medal (Asturias).
  • Participación internacional: Desde Portugal viaxan O Racing Club e Amigos de Celeirós do Douro.
  • Equipos especiais: O torneo contará tamén coa participación do equipo de veteranos A Morocha, unha formación moi especial dedicada a Daniela.