Veteranos: o San Lorenzo non falla e alza o título

O cadro vermello celebrando o título na Rocheira

Rematou a División de Honra dos Veteranos e o título vai para Verdillo (con V, claro). O cadro vermello non fallou na última xornada, e vencía na Rocheira ao Coristanco por 0-2.

O mesmo resultado colleitou o temido Sporting Zas ante o San Román pero non lle valiu para nada.