Xuvenís: A primeira volta remata con 7 equipos en 4 puntos
Máximos goleadores da primeira volta
Xogador | Equipo | Partidos | Goles | Promedio |
FABREGAS TRILLO, ISAAC | S.D. FISTERRA | 14 | 36 | 2,5714 |
LAGO FORMOSO, RUBEN | E.D. OS MIUDOS | 13 | 30 (2 de penalti) | 2,3077 |
MOREIRA ROMERO, FRAN | SONEIRA S.D. | 16 | 29 (2 de penalti) | 1,8125 |
ROMERO SUAREZ, MANUEL | CABANA S.D. | 14 | 25 (1 de penalti) | 1,7857 |
SESTAYO SABORIDO, JOSE M | E.D. OS MIUDOS | 15 | 19 (2 de penalti) | 1,2667 |
LESTON TOREA CARLOS | S.D. ESTEIRANA | 16 | 19 | 1,1875 |
REIGIA MARTINEZ, RUBEN | CABANA S.D. | 15 | 18 | 1,2000 |
Esteirana - Cabana (2-4)
- Esteirana: Curriño, David (Rodri), Kevin, Chaki (Priegue), Fari, Alex de Dina, Xian, Benji (Rubio), Juan, Robi (Toni) e Carajillo.
- Cabana: Roberto, Veloso, López, David, Dani, Samuel, Nando, Castro, Simón, Manuel, Rubén, Pablo, Sergio.
- Goles: 0-1, m.2: Rubén; 0-2, m.47: Rubén; 0-3, m.55: Rubén; 1-3, m.65: Rubio; 2-3, m.75: Tony; 2-4, m.92; Rubén.
Ponteceso - Outes (1-7)
- Ponteceso: Isaac, íker (Adrián Lema), Diego Álvarez, Raúl, Carlos, Borja (Diego Pereira), Jose (Roberto), David (Lukas), Pablo, Manuel, Rubén (Pop).
- Outes: Siro, Canoa, Cristian (Martín, m.63), Cartucho, Stefan (Ivo, m.65), Fran Lago, Mangelo (Joel, m.45), Josiño (Rubén, m.45), Ramón, Fran Lires (Ryan, m.63) e Alexis.
- Goles: 0-1 Josiño; 0-2 Cristian; 0-3 Ramón; 0-4 Ramón; 0-5 Ramón; 1-5: Diego Pereira; 1-6 Alexis; 1-7 Ryan.
Partido estrano no Pinguel, que comezaba cunha media hora de absoluta igualdade, mesmo co Ponteceso máis dominador. Pero o gol de Josiño á media hora provocou o baixón absoluto dos locais, e a partir de aí os da Serra xogaron moi cómodos, ante un Ponteceso que a pesar do resultado sempre intentou xogar un futbol combinativo. Os últimos 15 minutos os locais xogaron con 2 homes menos polas expulsión de Roberto e Raúl.
Camariñas - Baio (2-0)
- Camarilas: Sergio, Hugo Carril, Anxo, Manuel, Cibran, Eric, Cristián, Luis, Nando, Hugo Gómez e Mario. Tamen xogaron: Dylan e Brais.
- Baio: Cedrón, Queiro, Manu Leal, Ariel, Raúl, Íñigo, Manu Pose, Samu, Adrián Villar, Dani Torrado e Eze.
- Goles: 1-0, m.26: Mario; 2-0, m.75: Mario.
Chegaba o equipode Brais a Camariñas con 11 xustos por mor de moitas e importantes baixas (Carlos, Mohedano, Yago, Martín, Tinciño, Miguel…) e non puideron plantar cara a un bo Camariñas de Faus. O choque estivo dominado polo cadro local, e despois de varias chegadas Mario rompía a igualada. Na segunda, aínda que o partido se xogaba en campo baiés, algunha chegada si que tiveron os visitantes, se ben foi de novo Mario o único que conseguía subir goles ao marcador.
Soneira - Os Miúdos (4-2)
- Soneira: Chris, Dami, Chasko, Ángel, Rauliño, Pablo, Alex, Nico , Brais (Santi min.82), Cris Canosa (Chimi min.71), Fran.
- Os Miúdos: Balayo, Pipo, Fran, Dani, Ángel, Abel, Gesto, Jose, Jesús, Alon e Antón.
- Goles: 1-0, m.2: Fran; 2-0, m.8: Fran de penalti; 2-1, m.38: Jose de penalti; 3-1, m.46: Cris Canosa; 4-1, m.53; Cris Canosa; 4-2, m.93: Jose de penalti.
Outro dos enfrontamentos directos entre os 7 de arriba, ao que Os Miúdos acodían sen o seu pichichi Rubén por unha forte infección de garganta, e vaia que o notaron pois só puideron marcar dende os 11 metros. Ademais, os muradáns non estiveron cómodos e estiveron moi erráticos en defensa, pero nunca tiraron a toalla. En fronte, un Soneira que a pesar tamén dos poucos efectivos, si que fixo un gran partido. Pronto se adiantaban cos tantos do seu pichichi, Fran Moreira. Os primeiros 25 minutos de partido serían de total dominio soneirán cun xogo vistoso e rápido que puido setenciar Fran tras un centro lateral que remata o pau na área pequena e Pablo cun cabezazo a saída dun córner. A partir de aí Os Miúdos sacudiríanse a presión pero o aparecería a figura do gardameta Chris para salvar os seus primeiro nun man a man e despois nun barullo na área, pero recurtarían distancias dende o punto de penalti. Na segunda parte o Soneira sairía moi enchifado e en 6 minutos setenciaría o partido con dous golazos de Cris Canosa tras dúas moi boas transicións rápidas do Soneira, a partir de ahí os Miúdos intentaríano con máis cabeza que corazón pero o Soneira encontrabase cómodo no terreo de xogo. Seríaselle anulado un gol en fora de xogo mui dubidoso Os Miúdos e Chris volvería a facer un boa intervención e o Soneira puido matar o partido cun desnortado Os Miúdos. E xusto antes do pitido final Os Miúdos maquillarían o resultado novamente desde o punto de penalti.
Zas - Cee (5-2)
- Zas: Pereiras; Rojo, Xabi, Juan, Mateo; Madelin (Roi), Darío, Pablo, Fariña; Raul e Unai.
- Cee: Xacobe, Antonio (Suso), Merexo, Fran, Sergio, Brais, Yago (Chila), Alfredo, Nico (Damián), Isaac, Xulián.
- Goles: 0-1: Xulián; 1-1: Unai, de penalti; 1-2: Isaac; 2-2: Roi; 3-2: Pablo; 4-2: Roi; 5-2: Rojo.
Partido máis igualado do que indica o resultado final. O Cee chegou ao descanso despois dunha gran primeira metade gañando por 1-2, pero na segunda parte reaccionou mellor o Zas e soubo aproveitar os erros defensivos e o cansanzo acumulado do Cee para levarse os tres puntos. Destacar o gol de Pablo, cun lanzamento desde o medio do campo que sorprendeu ao porteiro do Cee.
Xallas - Fisterra (0-2)
- Xallas: Fabián, Pazos, Caamaño, Víctor, Guillín, Adrián López, Pernsado, Facal, Brais García, Kevin e Brais Blanco. Tamén: Espasandín, Iván Amarelle, Héitor, Adrián Mourelle e Brais Calo.
- Fisterra: Breo, Oliver, Quintela, Puyol, Golpes, Eze, Aarón, Musa, Xan Xixo (Ángel, m.60), Mario (Alex, m.75), e Isaac.
- Goles: 0-1, m.44: Isaac tras un bo pase de Musa; 0-2, m.82: Mario nunha falta na que lle bota diante o balón ao porteiro.
Partido con dominio do conxunto visitante en ataque durante toda a primeira parte, conxunto que se adiantaría no marcador a finais do tempo regulamentario mediante xogada individual do máximo anotador da categoría, Isaac, xogador que segue marcando a diferencia na categoría. Os fisterráns, a pesar de chegar só con 13 xogadores, fixeron un partido moi serio, con Eze e Aarón no medio traballando moi ben durante todo o partido e Golpes e Puyol (cadete) moi seguros atrás. Na segunda parte o Xallas adiantou líneas e errou dúas claras ocasións de gol, derivadas de xogadas de balón parado, para empatar o encontro. O Fisterra anotaría o 0-2 definitivo en lanzamento directo de falta no frontal da área xalleira xa nos compases finais do partido. Gol anotado por Mario, xogador cadete que volvía aos terreos de xogo tras romper o brazo aló polo mes de novembro no campo de Carral.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-da-costa-xuvenil-encheu-muros-de-solidariedade-no-seu-debut/
- Decembro 18: 7 equipos en 5 puntos.
- Novembro 18: O Corme sentencia, en 3 minutos, media Liga.