Os Xuvenís do Dumbría ratifican a súa salvación

Un gol de Lucas Toba en Ferrol ratificou a permanencia do CF Dumbría na Liga Galega Xuvenil. Os de Marcos Domínguez venceron 0-1 ao Racing de Ferrol B e conseguen manter un ano máis a categoría autonómica.

A temporada da base do cadro dumbriés está sendo moi completa. Os cadetes de Huelvis conseguiron ata meterse na Fase de Ascenso, mantendo así directamente a categoría.

Máis complicada está a permanencia do equipo infantil dirixido por Joaquín, que a falta de dúas xornadas ten a salvación moi complicada.