O Caietano volverá ser o protagonista do entroido de Laxe

Que fantástica a historia de Caietano. Este persoeiro volve ser este 2015 o gran protagonista do entroido laxense, ademais dos chamados Entroidos, que se concentrarán na casa do Concello o día grande, o domingo 15 de febreiro.

Será ás 12:30h cando os Entroidos acompañen ao Caietano para dar o pregón, xa co bastón de mando. De seguido, desfile e sesión vermú. Non lle durará moito a alcaldía ao Caietano porque pola tarde, terá lugar, a partir das 18:00h, o Enterro do Caietano, o gran momento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).