AXOBER organiza en Laxe unha xornada sobre a Intelixencia Artificial aplicada á hostalería
- A entidade organiza hoxe venres unha visita co alumnado do EFA Fonteboa polas empresas do polígono de Bértoa
A AXOBER - Asociación de Empresarios de Bergantiños -, en colaboración co Concello de Laxe, celebra o vindeiro martes 26 de maio unha xornada centrada no uso da Intelixencia Artificial no sector hostaleiro.
O evento, que terá lugar no Museo do Mar de Laxe en horario de 11:00 a 13:00 horas, está dirixido a profesionais da hostalería interesados en coñocer novas ferramentas tecnolóxicas que permiten mellorar a competitividade e optimizar a xestión dos seus negocios.
Baixo o título “Transformación Dixital e IA no sector hostaleiro”, a xornada abordará as oportunidades que ofrece a intelixencia artificial na atención ao cliente, na automatización de procesos e na toma de decisións estratéxicas, nun contexto no que a innovación se presenta como clave para o futuro do sector.
Trátase dunha actividade de carácter gratuíto e cun enfoque eminentemente práctico, deseñada para achegar solucións reais e aplicables ao día a día dos establecementos hostaleiros.
Esta é unha actividade gratuíta e aberta a todas as persoas pertencentes ao sector hostaleiro que oden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. O aforo é limitado.
Xornada coa EFA Fonteboa
Ademais, a entidade organiza hoxe venres 22, unha nova xornada do programa "Construíndo O Futuro". Nesta ocasión, o alumnado de 4º da ESO do EFA Fonteboa visitará varias empresas do Polígono de Carballo para coñecer o seu funcionamento e as súas oportunidades laborais.
Farán unha visita ao Polígono e Viveiro de Empresas, visitando empresas como Suheyco, Agetrans e Corgal.