Cae ao mar no seu coche no porto de Laxe pero consegue salvarse

Imaxe do operativo de rescate dun coche porto de Laxe o pasado mes

Está mañá, pasadas as 9.00, un coche caía ao mar no peirao de Laxe mentres intentaba facer unha manobra. O condutor puido saír polos seus propios medios do interior do vehículo e achegarse a nado ata as proximidades do peirao de Laxe, onde foi auxiliado por particulares que puideron sacalo da auga. Foron eles os que chamaron ao 112 Galicia para informar da situación e solicitar unha ambulancia para o ferido.

Dende o 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Bergantiños e dos membros do GES de Ponteceso.

Tamén foron informados os axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Laxe.

Finalmente, o condutor ferido foi trasladado ao CHUAC en ambulancia.