O Cocido de Serantes: “O que nos interesa é ver a parroquia unida”

Esta pasada fin de semana a Asociación de Veciños de Serantes celebrou o seu Cocido anual. Un acontecemento que leva moitos anos sendo un costume ineludible, pero que había 3 anos que non se celebraba pola pandemia. Unhas 80 persoas acodiron ao Local Social, á Casa dos Veciños a disfrutar desta festa.

As que cociñaron foron as mulleres do pueblo, e a xente colaborou levando rosquillas, orellas, filloas… e tamén aportando as patacas, indo aos grelos… “Coa Asociación colabora todo o pueblo”, apunta Calixto Vázquez. “O que nos interesa é ver á parroquia unida”, destaca.

Ademais da comellada, na que non faltou o anterior cura, Enrique Redondo, xubilado agora Santiago, disfrutaron da música de varios Gaiteiros de Maruxía de Laxe.

A campá de ida e volta

Especial atención merece a campá recibida en Serantes. Resulta que hai anos, a veciñanza decidúa substituír a campá da Igrexa por unha nova porque estaba algo danada e o son non era moi bo. Unha vez cambiada, antes de fundila por 60.000 pesetas, e a través de Antonio Diéguez e María Ansina, unha parella asturiana de amigos, comprou a campá (por 80.000) para colocala no seu hotel-restaurante-museo sito en Suiza. Unha vez xubilados, Manuel e Toñi quixeron devolver a campá ao seu lugar de orixe, e a asociación agradecérono facéndoos socios de honra.

A campá, do 1814, vaise colocar na Casa dos Veciñas.