A Confraría de Laxe triunfa coa Festa da Pesca Artesanal

Carpa chea nas Xornadas de Peixe da Confraria de Laxe

Fin de semana gastronómica arredor do mar en Laxe. A Confraría armaba 3 xornadas seguidas de posta en valor do seu produto, afianzando xa como dos mellores do país.

O venres a III Xornada de Degustación de Navalas na Lonxa de Laxe volveu ser un éxito rotundo. A degustación gratuíta, que comezou ás 21:00 horas na carpa instalada este ano na Praza Ramón Juega, esgotouse en menos dunha hora. Repartíronse entre os asistentes case 600 racións, aproximadamente 100 quilos de navallas procedentes da lonxa.

Lucía Freitas e Marta Villaverde, as novas Embaixadoras do Peixe e Marisco de Laxe

Lucia Freitas e Maria Villaverde, xunto con Miguel Mosteiro e Antonio Devesa

O sábado, a Confraría quixo homenaxear á cociñeira Lucía Freitas e a conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña,  nomeadas novas "Embaixadoras do Peixe e Marisco de Laxe" nunha cerimonia celebrada no Museo Marítimo de Laxe, no marco das V Xornadas de Pesca Artesanal "No Mar da Lonxa de Laxe".

A cerimonia de nomeamento, celebrada no Museo Marítimo de Laxe, destacou as súas traxectorias e a necesidade de dar visibilidade ás mulleres profesionais do sector marítimo. O acto foi presentado por Antonio Devesa, secretario da Confraría de Pescadores de Laxe, quen explicou que este ano se elixiron dúas mulleres que contribúen desde dous ámbitos diferentes —a cociña e a administración— a garantir o futuro da pesca artesanal.
De Freitas destacou a súa vinculación coa confraría de pescadores, anterior á súa estrela Michelin, lembrando os "ollos de paixón" cos que contemplou os produtos a primeira vez que visitou a lonxa. En canto a Villaverde, aclarou que o recoñecemento non tiña nada que ver co seu cargo político. "O seu nomeamento era algo que se esperaba. Dende o principio, animou e apoiou a celebración destes eventos", que na súa primeira edición contaron co respaldo do GALP Costa da Morte (Grupo de Acción Local de Pesca e Acuicultura). A conselleira, lembrou Devesa, foi clave para conseguir o apoio de Galicia Sabe Amar (Galicia Sabe Amar) en menos dunha semana, insistindo en tramitar a solicitude de patrocinio aínda que a confraría suxeriu pospoñela ata o ano seguinte.

Máis de 1.000 racións para o domingo

O domingo remataban as xornadas con outra cita gastronómica centrada no peixe e marisco da lonxa. Durante o evento, servíronse máis de 1.100 racións na carpa, que se instalou por primeira vez na praza de Ramón Juega.

Tanto veciños como visitantes desfrutaron dun mediodía con peixes como raia, pez, pez balán, sargo e xurelo, acompañados de patacas de Coristanco, froito da colaboración entre a Confraría de Pescadores de Laxe e o concello veciño. Navallas á grella e croquetas de polbo completaron a oferta.