Contramínate inicia un recurso contencioso administrativo contra o parque eólico de Laxe

A asociación ambiental Contramínate loita pola conservación das paisaxes naturais A asociación ambiental Contramítate continúa en pé de guerra contra o parque eólico no Monte Chan, ubicado entre Soesto e Traba no que ao parecer xa se iniciaron as obras sen ainda obter a licenza. Así, despois de dous anos de loita a entidade vén de iniciar un recurso contencioso administrativo.
"Defendemos as enerxías limpas e o noso intento de situar os aeroxeradores en lugares menos invasivos fracasaron. Laxe conserva a paisaxe virxe e a presencia de eólicos hipoteca o desenvolvemento futuro", sinalan dende Contramíte.
Ante este novo trámite, os membros de Contramínate fan un chamamento á sociedade para que axude a asumir os gastos deste recurso con pequenas colaboracións de 5 ou 10 euros.

Novas relacionadas

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).