Contramínate organiza unha charla coloquio sobre o TTIP

Gonzálo Rodríguez - profesor do departamento de Economía Aplicada da USC e membro de ATTAC - ofrecerá este sábado en Laxe unha charla-coloquio sobre as consecuencias sociais e ambientais do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións - TTIP -  que se está a negociar entre a Unión Europea e os EEUU. O evento, organizado pola asociación ambiental Contramínate, terá lugar no salón de actos do concello de Laxe ás 18 horas.

Novas relacionadas

Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Contramínate