Cristina Vázquez del Prisco, presentada xa como nova candidata do BNG de Laxe ás municipais 2027

O Bloque Nacionalista Galego de Laxe comunicou un cambio organizacional na súa candidatura municipal: Cristina Vázquez del Prisco asume a candidatura á Alcaldía, tomando o relevo de Xosé Manuel Pose, que decidiu dar un paso ao lado tras lograr o mellor resultado electoral da historia do BNG en Laxe. 

Foi un acto sinxelo coa militancia e simpatizantes para dar a coñecer as claves de traballo deste ano previo ás vindeiras eleccións municipais. A candidata sinala que “É para min unha gran responsabilidade e un orgullo ser a candidata do BNG á Alcaldía de Laxe nas eleccións que se van celebrar xusto dentro dun ano.”

O equipo do BNG de Laxe incluindo os seus 3 concelleiros presentaron esta candidatura coa confianza de que o BNG ten un proxecto para mellorar Laxe, centrado en facer do concello un lugar máis limpo, ordenado e mellor xestionado, con maior cohesión territorial entre casco urbano e parroquias, máis servizos sociais, cultura e participación veciñal, e un apoio reforzado aos sectores produtivos como a pesca, o turismo e a hostalería; “no BNG temos un gran proxecto de futuro para contruír un Laxe en grande e imos a por todas para lograr o cambio que o concello precisa man a man con todos os veciños e veciñas”, declara Cristina Vázquez.