Destacan os cursos para desempregados que oferta a comarca

Visita ao Centro de Cormación Colaxe

Visitaba onte a delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Laxe, Francisco Charlín, e o director territorial da Consellería de Emprego. Comercio e Emigración, Juan José Couce, o centro de formación Colaxe para coñecer de primeira man o curso que está a impartir dentro de accións formativas para desempregados (AFD).

Concretamente, esta entidade contou cun apoio de case máis de 52.000 euros, na convocatoria 25-26, para impartir, o curso Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Este curso comezou o pasado 27 de marzo e rematará o 20 de agosto, despois de 528 horas de formación, e conta con 14 alumnos.

Destacaron que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, están concedidos 19 cursos por un importe de máis de 1,2 millóns de euros en 9 entidades e nos Concellos de Carballo e A Laracha. Concretamente, 14 cursos en Carballo, 1 na Laracha, 1 en Cee, 1 en Vimianzo, 1 en Zas a 1 en Laxe.

A representante do Goberno autonómico subliñou que o obxectivo destas formacións é mellorar as competencias profesionais das persoas beneficiarias, favorecendo de certificados profesionais con impacto directo na súa inserción laboral.