O Foguete de Cabo do CEIP Cabo da Area, premiado no Mes da Ciencia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, co Foghete do Cabo. Foto: Xoán Crespo

Novo premio científico para a comarca. A rapazada do CEIP Cabo Darea de Laxe vén de recibir un premio no marco do Concurso Galego de Vídeos Científicos 2025. O certame está convocado, ao abeiro do Mes da Ciencia en Galego, pola Institución Galega da Ciencia e conta coa colaboración da Xunta de Galicia co obxectivo de promover entre a rapazada a innovación científica en lingua galega.

Aí estivo o propio Secretario de Política LingUística, Valentín García portando durante a entrega dos premios a centeo de toda Galicia, o Foguete de Cabo, o protagonista do vídeo laxense.

Ademais do centro de Laxe, nesta edición 2025 resultaron gañadores o instituto Menéndez Pidal da Coruña, polo traballo Estróbilo; o centro Eusebio da Guarda, da Coruña, por A Relatividade; a escola Virxe do Monte de Cospeito, polo proxecto O efecto invernadoiro e a escola de Castroverde, por Somos materia de estrelas.

Máis novas