Fotodesfeita: Denuncian o mal estado das pasarelas de madeira da praia de Laxe

A area cobre as partes oxidadas da pasarela

Varias veciñas de Laxe se puxeron en contacto con QPC para denunciar a suposta rehabilitación de varias pasarelas de madeira do areal. Critican que os novos materiais, sobre todo os parafusos e as puntas, son de mala calidade e xa están oxidados, supoñendo un perigo para os camiñantes.

Segundo nos contan as veciñas preocupadas, Concello e Costas bótanse as culpas mutuamente, e non facilitan a análise de posibles responsabilidades nin solucións.