Instalada unha nova pantalla coa calidade do aire en Laxe

Nova pantalla instalada en Laxe

En clave de mellora de acceso á información meteorolóxica, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de rematar a instalación dunha nova pantalla dixital para mellorar a información á cidadanía na calidade do aire, a meteoroloxía e avisos ante posibles fenómenos extremos en Laxe, fronte á Casa do Concello.

A información que proporcionan as pantallas é específica para o lugar, pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de interese na costa (temperatura da auga, ondas, mareas...) ca do interior.

Esta pantalla súmase a outras 17 que xa están en funcionamento noutros concellos galegos, pero é a primeira na Costa da Morte.