Instalados 4 paneis informativos nos miradoiros de Laxe

Miradoiro no Faro Insua. Fotos de Luís Polo

O Concello de Laxe, a través dunhas axudas do GALP de 14.998,95 €, acaba de executar un proxecto de deseño e instalación de 4 paneis informativos co fin de dar contido a varios miradoiros mediante a colocación destes indicadores explicativos do que se ve dende ditas posicións. Trátase dun proxecto desenvolto por Luís Polo, supervisado polo técnico de turismo municipal.

Deste xeito, desde o Faro apréciase unha panorámica dificilmente localizable para as persoas que non son do lugar, coma as diferentes vilas que desde o punto se aprecian. Outra característica que non se ve é a forma do litoral coas súas diferentes furnas, así como a sinalización de que dita zona é un lugar excelente coma punto de observación Starlight. Por outro lado, coa instalación destes paneis informativos o goberno local busca poñer en valor a súa riqueza medioambiental e paisaxística, elevando o seu interese por visitalos.

Miradoiro de Santa Rosa