Laxe busca herdeiro para Antón Zapata co seu 9º certame de poesía

En marcha, un ano máis, o Certame da Poesía Antón Zapata García, que artella a Concellería de Cultura e Benestar do Concello de Laxe nesta 9ª edición. Xa está aberto o prazo, ata o venres 14 de agosto, para presentar poemas, neste certame que ten como principal obxectivo, dar a coñecer a figura e obra do poeta local Antón Zapata García, así coma xerar oportunidades de expresión literaria que promovan a vertente cultural da poesía, incrementando o noso patrimonio cultural.

O resultado do xurado darase a coñecer o sábado 22 de agosto no acto do Solpor Poético, no que terá como punto cumio a actuación do grupo do cantautor e músico galego Xoán Curiel. A actuación dará comezo ás 20 horas na Praia dos Cristais de Laxe, sempre e cando o tempo o permita. Do contrario, celebraríase no Patio Cuberto situado na Praza dos Voluntarios. Na metade do concerto, farase entrega dos premios e diplomas ós/ás gañadores/as de cada categoría do certame, e, como novidade deste ano, daráselle a cada concursante un pequeno agasallo por parte do Concello de Laxe pola súa participación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).