Laxe define o perfil do seu visitante
Madrid e coruñeses
A demanda está principalmente formada por persoas que se moven dentro do seu propio país de residencia (88% de españoles). No mapa xeográfico de España, as persoas provintes de Madrid (25%) superan, cun 5%, en cifras redondas, ó numero total de turistas galegos (20%), dos que a meirande parte son coruñeses (60%). Castilla y León e o País Vasco (ambos co 9%) son os seguintes lugares. No ámbito internacional, destaca a presencia dominante de turistas franceses, cun 31%, por un 18% de alemáns.
Establecimento regulado
Para 5 de cada 10 persoas usuarias, o establecemento regulado é a elección preferente. Este dato debe analizarse con especial interese porque permite determinar tamén que do total das persoas que pernoctan en Laxe, a metade están aloxadas en servizos regulados (turismo rural, hoteis, hostais e apartamentos turísticos) e requiren a información que se lle ofrece no servizo público de turismo.
Primeira visita
Existe unha bolsa do 65% de clientes novos, para os que a súa visita a Laxe supón o primeiro contacto coa zona.
Tres motivos principais para visitarnos
As motivacións para visitar Laxe son:
- A realización dunha ruta integrada pola Costa da Morte ou Galicia,
- O interese específico polo patrimonio –sexa cultural ou natural–,
- A búsqueda de tranquilidade e descanso.
Información comarcal
O Punto Municipal de Información Turística de Laxe é tamén un servizo de información e acollida do que se benefician turistas aloxados noutros concellos da Costa da Morte. Destacan as cifras de consultas efectuadas por persoas hospedadas nos concellos de Cabana de Bergantiños cun 23,90%, Camariñas cun 11,34%, e Malpica de Bergantiños tamén cun 11,34%. Ademais, 5 de cada 10 visitantes solicitan recibir indicacións sobre os puntos de interese, en xeral e sen especificar, que se poden visitar tanto no Concello de Laxe coma noutros Concellos da Costa da Morte. Así, información que se ofrece no punto municipal de información turística direcciona os fluxos turísticos.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/laxe-volca-o-inverno-na-gastronomia-e-a-enoloxia/
Artigos turísticos de María José Mato en QPC
- Cales son os riscos de centrar a economía dos nosos concellos no turismo?.
- A hospedaxe turística na Costa da Morte.
- O modelo de desenvolvemento turístico sostible: cantidade ou calidade.
- Relacións entre residentes e turistas: a turismofobia.