Laxe estreou unha exposición con raíces

Ester Gonzalez de Lema Trincado con Jose Manuel Pato en Laxe

Ester González de Lema Trincado estreou esta pasada fin de semana a súa nova exposición en Laxe. Toda unha honra para ela, pois a Laxe únea un forme vínculo familiar de varias xeracións, convertíndose no seu fogar durante os veráns.

A inauguración tivo lugar no Hotel Playa de Laxe coa compañía do alcalde do Concello de Laxe, José Luís Pérez Añón, e a Concelleira de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, Raquel Lema Allo, e o membro da Real Liga Naval Española José Manuel Pato.

A profesora de Belas Artes, que resume nesta exposición a súa traxectoria artística dos seus últimos anos onde a técnica mixta é a gran protagonista na cal inflúen temas variados nos que se inspirou ó longo de dita etapa.

A exposición consta de 20 obras pictóricas de diferentes tamaños e técnicas (óleo, acrílico, técnica mixta e collage) onde se pueden apreciar os distintos estilos figurativos da arte paisaxística urbana e natural.

A sala de exposición poderase visitar libremente durante o mes de agosto en calquera horario gracias ao apoio tanto do concello como do Hotel Playa de Laxe.