O concello de Laxe vén de dar a coñecer a programación cultural para este verán que se pon en marcha coa apertura do prazo de presentación dos poemas para o XI certame de Poesía Antón Zapata. Como sempre, a intención é promover e difundir a vertente cultural poética e, especialmente, a figura do poeta local Antón Zapata García.
O concurso divídese en varias categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (dos 12 aos 25 anos) e adulta (a partir dos 25 anos). Nel poderán participar toda a persoa que así o desexe presentando un máximo de tres poemas de temática libre e cun mínimo de vinte versos.
Os traballos deben remitirse antes do 18 de agosto ás 13 horas ao departamento de Cultura do concello de Laxe . A resolución do xurado faráse pública o 26 de agosto durante a celebración do XI Solpor Poético que terá lugar na praia dos Cristais a partir das 2o horas.
O xurado que se constitúa para esta edición, formado como mínimo por 3 persoas representativas do equipo de goberno e do persoal traballador do concello de Laxe, elixirá un poema gañador por cada unha das categorías. A cada un dos gañadores/as, ademais de outorgarlles un diploma e agasallo que acredite a súa condición de gañador/a, faráselles entrega dun lote de libros, elixidos especificamente para o/a gañador/a e que poderán estar escritos tanto en verso como en prosa.
Actividades
Mañá xoves, a praza Ramón Juega acolle a obra de teatro "A trastenda dos contos" de Contacontos con Caxoto. Éste é un espectáculo para todos os públicos.
Novas relacionadas