![LopezAbente]()
Esta mesma noite terá lugar o acto de entrega do
II Premio de Posía Gonzalo López Abente en Muxía. A
Fundación Gonzalo López Abente outorga o premio que recaeu no libro
OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, de
Laureano Xoaquín Araújo Cardalda.
O acto de homenaxe ao premiado terá lugar no Salón do Voluntariado de Edificios de Servizos Múltiples de Muxía. As pandereteiras
Abaladeiras de Muxía serán as encargadas de facer a apertura e de seguido deixarán paso a unha conferencia impartida polo escritor e poeta
Xosé Luís Méndez Ferrín, patrón da Fundación. O vicepresidente da Fundación,
X. H. Rivadulla Corcón, será o mestre de ceremonia do acto.
Na entrega do premio participarán ademais o Presidente da Fundación,
Manuel Bragado,
María Canosa e
María Lado, que representan ao xurado e o Alcalde de Muxía, Felix Porto.
A
Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía porá o punto e final a unha gala na que o premiado, recibirá un premio de dous mil euros e unha escultura da artista
Viki Rivadulla e o seu libro será editado por Edicións Xerais de Galicia.