Non pode perderse o gran traballo feito nestes dous anos no marco do programa reLáxese. Un programa artellado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, que fomenta a desestacionacionalización do turismo, é dicir, para encher Laxe tamén nos meses de inverno, primavera e outono. Este ano, con todo o aprendido, fan a formulación do plan en clave de innovación, tendo varias liñas argumentais fundamentais:
Formación e dinamización, concienciando á poboación local da importante de mellorar o servizo turístico, e na posta en valor do patrimonio;
Estratexias de promoción: aproveitando a marca “Turismo Laxe”, traballan nas especialización do destino turístico en base á gastronomía, ao ocio, á cultura, ao patrimonio natural… sempre fomentando a calidade turística.
Estratexias de comercialización: Impulsando a comercialización do destino que aseguran o retorno da inversión, e asistindo a feiras sectoriais.
Puntos fortes
En canto a puntos espefícos de interese do ano, a Concellería dirixida polo BNG aposta polo S
an Xoán, as Xornadas Temáticas do Samaín, as experiencias gastronómicas, e o deporte ó aire libre (ioga, vela, paddle surf, sendeirismo, zumba, etc.); pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, en colaboración con Vimianzo; a festa do “Naufraxio de Laxe”, e a presenza en feiras que axuden a dala a coñecer.
Falando de gastronomía, Laxe vai seguir usando a marca "Con X de Laxe con X de peixe", e de feito en febreiro xa preparar dous showcookings con Caco Agrasar (abadeXo) e Iván Domínguez (Xarda).
Así, se no ano 2018 programamos case 90 actividades, este non serán menos. Haberá tempo para as degustacións, catas, conferencias, excursións, rutas de sendeirismo, campionatos…