Laxe vota polo Entroido mentres degusta as mellores dedicatorias de amor

Participantes no certame individual do Entroido virtual de Laxe

Boa acollida están tendo os certames do Concello de Laxe a través das redes. San Valentín e Entroido están enchendo de amor e risas as redes laxenses.

Ata o venres a veciñanza pode votar aos Entroidos máis divertido, orixinal e artesanal de Laxe, tanto a nivel individual ou grupo, así como a de Escaparates Entroideiros. . Pode facelo a través do propio Facebook, onde a páxina do Concello ten a exposición virtual, como polo whastapp ao sistema de mensaxería NovasLaxe (no 657771063).

Dedicatorias

A laxense, Antía Martínez Castro co seu “Eternamente Máxico”; a lalinense María Inmaculada Vilariño polo seu “Gaiteiriño, quérote un mundo”; a cabanesa Antía Romero polo seu “Aniversario”; a laxense Patricia Rivera polo seu “Nós”; a tamén laxense Adriana Varela Cambón polo seu “Amor sincero”; a herculina Judith Fdez Santos, polo seu “Lusco Fusco”; a lanxese María del Mar Toja polo seu “Quen fala de amor”; a laxense Tania Lema polo seu “Cantotodoistopase…”; e a tamén veciña de Laxe María Cristina Díaz Méndez.

Todas estas son as gañadoras do Certame de Dedicatorias “Dillo ben bonito” artellado polo Concello de Laxe, e que deixa unha chea de premios en forma de noites románticas en establecimentos da vila.