Luís Giadás guíanos polas Igrexas de Laxe

Luis Giadás- Foto: Muinhodovento
O Concello de Laxe, en colaboración da Deputación da Coruña, pon en marcha as "Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultura", actividades que se desenvolverán durante as fins de semana deste mes de novembro nas diferentes igrexas parroquiais.

En cada sesión celebrarase un concerto e, media hora antes de cada actuación, terá lugar unha charla sobre arquitectura a cargo do mestre de xeografía e historia Luis Giadás.