O Caietano volve ser protagonista do Entroido de Laxe

Como nos presta a historia do Don Caietano. E cada entroido, podemos degustala novo. O Concello de Laxe e as Asociacións de “Veniños” veñen de presentar o programa do Entroido 2018. Ten dúas citas singulares, comezando polo encontro de comparsas do domingo 11, a partir das 17:00h na praza Ramón Juega, e continuando coa cita máis singular do entroido laxeiro.

O domingo 18, como peche do entroido costeiro, terá lugar a Procesión de Despedida ó Caietano, con misa e queima. Unha cita para non perder a esencia o entroido de Bergantiños.

Entroidos costeiros

Os Enterros do Entroido

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).