O Teatro escolar Teatrapa en Laxe

Xa temos o programa completo da VIII edición do festival de teatro “Teatrapa” que se realizará en Laxe, como vén sendo habitual na última semana de maio; en concreto o sábado 30 e domingo 31 de maio. /p>

Se algo fai diferente este festival na contorna e que, ademais do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Laxe, durante as actuacións do sábado, participarán tamén o alumnado doutras escolas e aulas de Teatro da Galiza (Touro, Palas de Rei, Vedra, Melide e A Estrada), xuntándose neste día en Laxe ao redor dos 200 actores e actrices de diferentes idades diferentes que abranguen dende os 3 anos ata persoas xa xubiladas. Por primeira vez este ano xuntarase alumnado de 6 escolas e aulas de teatro dos Concellos de Touro, Vedra, Palas de Rei, A Estrada e Melide, xunto coa de Laxe.

Dende fai dous anos, (este ano será a 3ª edición) ademais das actuacións en interior celebradas no Salón de Actos Municipal de Laxe, iniciouse a realización dun ROTEIRO co que, ademais de dar a coñecer o noso concello a todas as escolas teatrais que interveñen no festival e a todas aquelas persoas que se acheguen como público, reproduce esceas teatrais e musicais de carácter histórico e cultural laxense, nas que ano a ano vaise implicando máis xente, non só ligada á Escola de Teatro Municipal, senón que tamén participan persoas que tocan algún instrumento, cantan, ou veciños e veciñas que se convirten en actores e actrices por un día.

Un pouco de historia

A Escola Municipal de Teatro de Laxe leva funcionando dende o ano 2002 e, dende o ano 2007 vén sendo dirixida por Afonso García. Ademais do festival, nestes anos a Escola, nos últimos meses do curso (abril e maio fundamentalmente) viaxa anualmente a outros escenarios de actuación e realiza intercambios de actuacións con outras Escolas e Aulas de Teatro da Galiza. Ademais doutros concellos da Galiza, tamén dende o ano 2008 e con caracter anual, o profesorado da Escola de Teatro organiza unha viaxe cultural e teatral anual fóra de Galicia, na que participan todas as Escolas que en cada curso dirixa Afonso García. Grazas a estas saídas, parte do alumnado da Escola de Teatro de Laxe, xa ten viaxado e actuado en: Pineda de Mar, Salamanca, Atapuerca, Zaragoza, Burgos, Barcelona, Tarragona, Madrid, Portugal, Extremadura, Córdoba, Sevilla, Ávila, e Alcalá de Henares e Valencia nesta pasada semana.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).