Poesía, música, maxia e teatro ao aire libre no Verán de Laxe

Con forza chega o programa cultural deste verán post-covid en Laxe. Un programa cheo de actividades diversas, con musica, teatro, maxia... na Praza do Concello ou na Praza dos Voluntarios como epicentro.
O programa empeza este mesmo xoves e o venres 17 presentarase unha nova edición do Certame de Poesía Antón Zapata, na súa 14ª edición.