A Praia dos Cristais acolle este sábado o singular Solpor Poético
23 de agosto de 2022 (09:49 h.)
Este sábado 27 de agosto, a partir das 20:30h, celébrase unha citas poéticas máis fermosas da Costa da Morte. O Solpor Poético na praia dos Cristais de Laxe permite disfrutar dunha velada cultural nun marco único. Esta é a 16ª edición, e desta volta a cita estará amenizada coa actuación musical de Iria Estévez e Gonzalo Piña cos seus 'Camiños do fado'..
Coma sempre, o Solpor servirá para facer a entrega de premios do XVI certame de poesía Antón Zapata García de Laxe.
NOVAS RELACIONADAS
- 2014: A Praia dos Cristais vibrou de emoción no Solpor Poético de Laxe.
- 2010: Un solpor a ritmo de verso.