Protestan polo mal estado dos principais enclaves turísticos de Laxe
Sae hoxe á palestra o voceiro do PP de Laxe, José Luis Pérez Añón, sinalando que o goberno local deixa “ao coidado da man de Deus” o mantemento dos principais enclaves turísticos e naturais do municipio. Añón denunciou o mal estado de conservación no que se atopa a contorna de Punta Insua, a praia de Traba, o faro e o paseo marítimo do municipio.
Incidiu en que, a poucos meses de que comece a tempada estival, “urxe tomar medidas”, tendo en conta que gran parte da economía municipal depende dos turistas que visitan a localidade no verán. “Calquera veciño que pasee por alí poderá atoparse con pintadas nunha das pedras e no faro, tanto no novo como nos restos da vella torre”, denuncia.
O voceiro da oposición centra as críticas no alcalde, considerando “bochornoso e intolerable” que non tome cartas no asunto para solucionar estes problemas e, de paso, arrombar outras zonas do Laxe como o paseo marítimo, a contorna do faro, ou a braña de Soesto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).