Rematan as obras de rehabilitación dos parques infantís do Aprazadoiro e a Praia de Soesto

Parque Infantil Soesto

Xa están perfectamente dispoñibles para o disfrute dos pequenos os parques infantís de Aprazadoiro e da praia de Soesto. O Departamento Delegado de Persoal, Obras e Servizos, dirixido polo concelleiro delegado Eulogio Constantino Castiñeira, confirma que as obras de rehabilitación e mellora están rematadas.
Así mesmo, tamén indican que continuarán coas obras de mellora e rehabilitación dos restantes parques infantís do Concello de Laxe.


Parque do Aprazadoiro

Obras

Ademais, esta semana comezaron as obras de reforma da Rúa José Vidal García, realizadas con 52.000€ do POS+2021 da Deputación. Unhas obras que contemplan a execución de dúas acometidas de fecais procedentes de dúas vivendas na Av. Cesáreo Pondal.