Ritmo madereiro no porto de Laxe
28 de xuño de 2013 (09:18 h.)
Mentres o porto de Brens segue afianzándose como un dos máis activos do litoral galego, o de Laxe vai recuperando movemento. Nunca abandonou a activdade madereira, pero se hai anos había movemento diario, a día de hoxe, igual en 15 fan dúas viaxes e logo tardan meses en volver. O que si é certo, que a madeira é a única actividade actual do porto comercial de Laxe.
Así o comprobaron onte os veciños, cando o mercando chipriota Amazondiep cargou 3.400 toneladas de madeira de eucalipto. Saiu esta mañá en pleamar destino ao porto portugués de Figueira da Foz.
Novas relacionadas
- A chapuza do país no porto de Laxe.
- O mar ponse de loito contra o novo Plan de Xestión do Polbo.
- O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos.
Fonte
- Información e fotos de José Manuel Ojén (ojen@quepasanacosta.gal).