Últimas prazas para o Curso de Atención Sociosanitaria de Colaxe
Unha das profesións máis demandadas nos últimos tempos nunha zona envellecida como a nosa é a de Atención Sociosanitaria. Un dos centros que está formando nesta materia é o Centro de Formación en Ocio Colaxe. De feito, aínda está aberto o prazo, e quedan as últimas prazas para un novo curso de “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.
O curso, de 370 horas teóricas e 80 horas prácticas, ten dispoñibles 15 prazas. Os interesados en participar deben anotarse canto antes. Para poder acceder ao curso, os participantes deben cumprir polo menos un dos requisitos esixidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: “Nivel 2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grado Medio, Certificado de profesionalidade do mesmo nivel, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da misma familia profesional, proba de Acceso a la Universidad (PAU) para maiores de 25 anos”.
Os interesados poden informarse nos números de teléfono 981 72 83 10 ou 679 76 14 66 ou no mail.
Novas relacionadas Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)