Últimos días para participar no XVI certame de poesía Antón Zapata García

  • A Deputación dá unha axuda de 20.000 euros para recuperar os servizos turísticos de Laxe

Segue aberto o prazo, ata o vindeiro 19 de agosto, para participar no XVI certame de poesía Antón Zapata García de Laxe. Son 3 as categoría 3 categorías (infantil, xuvenil e adulta), e 3 premios de 100 euros en material de lectura e escritura. Podes consultar as bases nesta ligazón.

Convenio coa Deputación

Paralelamente, a Deputación vén de anunciar unha subvención de 20.000 euros para a revitalización dos recursos e servizos turísticos do Concello de Laxe en 2022. A achega permitirá o financiamento da programación de actividades de turismo activo (como piragüismo, paddle surf, surf, sendeirismo, zumba, pilates e ioga) e outras propostas socioculturais, educativas ou medioambientais.
O proxecto tamén contempla a edición e deseño gráfico de publicacións, cartelaría, folletos e guías; accións de márketing en liña e contratación de relatores, técnicos e profesores.