Un motorista ferido de gravidade tras un accidente cun autobús escolar en Laxe

Un motorista de Serantes colisionou cun bus escolar Unha colisión frontal entre unha moto e un autobús na estrada cara Serantes (AC-429) deixaba un ferido de gravidade. O motorista, P.L.G, natural de Serantes e de 85 anos, colusionou cun bus escolar.

Aínda que se desprazou o helicóptero medicalizado Halcón 3 dende Santiago á zona (e mesmo aterrizou no campo de fútbol) ao final foi trasladado o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por estrada. Se ben estaba ferido, ía consciente pero será preciso un revisión máis a fondo para descartar posibles lesións graves.

Urxencias Médicas, Protección Civil, Policía Local e o GES de Ponteceso achegáronse ao lugar.

O Helicoptero Medicalizado tivo que aterrizar no campo de futbol de Laxe
O Helicoptero conseguía saír de Laxe ás 9:45h

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).