Unha semana de lume e negocio

Parece que freou o temporal de lumes. Pero a semana pasada foi unha das peores que se lembran na Costa da Morte dende hai anos. Alomenos media ducia de incendios mantiveron en alerta aos veciños de Muros, Laxe, Mazaricos, Cormem Dumbría, Carnota....

90 hectáreas en Laxe, o máis grave do verán, 65 hectáreas en Arcos, Mazaricos, varias hectáreas de monte en Louro e mais en Esteiro, 5 hectáreas preto das casas de Corme-Aldea... son moitos os campos de fútbol (unha hectárea supón unha superficie equivalente a un campo) arrasados polo lume durante apenas unha semana.

Esperemos que a cousa se calme pero resulta curioso que tras un verán tan caluroso coma este a gran parte dos incendios se dean en tan só unha semana. O efecto chamada fai patente a estatística que asegura que máis de 3 de cada 4 incendios son provocados. Pero polo de pronto pola bisbarra aínda non se detivo a un só "prendelumes", se ben xa sabemos que os que prenden lumes en Galicia fican impunes no 99% dos casos.

Prenvención ou negocio?

E xa o dicíamos a comezos de verán. A brigadas comezaban a traballar a comezos de agosto, pero a esa altura a prevención xa non é posible pois xa teñen que estar pendentes de posibles lumes. Así, durante o inverno as grandes masas forestais medran e medran sen ningún control (nin por parte da Xunta nin por parte dos propietarios dos montes que debían ser obrigados a mantelos limpos) convertíndose nun pasto ideal para as lapas.

O peor de todo é que os recortes en materia antiincendios acaban saíndo máis caros. Xa máis ou menos sabemos canto custa apagar un lume, i é que se falamos de ata medio millón de euros para apagar un incendio, xa estamos a falar dun negocio con todas as letras. A cousa pode chegar a ser tan grave que as últimas denuncias vertidas por varios veciños de As Neves, en Ferrolterra, apuntan a que son as propias avionetas as que chegan a lanzar aparellos incendiarios...

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).