Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Seguen os Incendios en Laxe

Seguen os Incendios en Laxe
ULTIMA HORA: A estas horas da tarde o incendio que daba comezo onte as 23:30 da noite na zona de Monterredondo na Parroquia de Nande, no Concello de Laxe segue Activo, o lume segue avanzando e xá van mais de 90 hectáreas de monte queimado según as valoracións aproximadas. O lume segue facendo das súas, e estragando a nosa Costa da Morte. Pero o peor non é o lume, que xa é malisimo, senón quen provoca eses lumes. A desfeita que provocan é enorme, e todos aqueles lugares que toca, a imaxe e autenticamente desoladora. Nestes momentos seguen a traballar moitos efectivos para intentar controlar ese lume, aqui podedes ver estas imaxes. Moitos efectivos loitando contra este incendio que está afectando a zona de Laxe. A todos os efectivos que estaban xa esta mañá, unironse para as labores da extinción do incendio , 2 helicopteros, algunha brigada mais e mais efectivos de Protección civil.

Comentarios