A veciñanza de Serantes celebrou a súa festa
06 de maio de 2024 (09:59 h.)
Fermosa festa do Socio 2024 a que celebrou este sábado 4 de maio a familia da Asociación de Veciños de Serantes de Laxe. O Local Social ateigábase de alegría, música e boa comida para celebrar unha fermosa noite de amizade.
Ademais de asistir socios o non socios, tamén se achegaron representantes da corporación municipal e o novo párroco, sendo case un cento de persoas en total.