O Voluntariado de Limpocean e Mar de Fábula limparon, con Izan, os areais de Malpica e Traba

Un tubo de 18 metros retirado da praia de Traba

Coordinaba dende A Coruña o voluntario Izan unha limpeza simultánea de praias por toda Galicia. Na comarca, foron os colectivos de Limpocean e de Mar de Fábula os que se uniron a esta acción medioambiental, armando este sábado sendas xornadas en Malpica e Traba.

A pesar das previsións meteorolóxicas adversas, a xornada desenvolveuse en boas condicións. A borrasca Goretti, lonxe de impedir a actividade, “achegou o seu graniño de area” e permitiu realizar a limpeza con tranquilidade e seguridade.

Limpocean en Malpica

A familia de Limpocean achegáronse ata a Praia de Area Maior, en Malpica de Bergantiños. Era a súa primeira llimpeza do ano, e retiraron máis de 75 quilos de residuos do litoral. Os voluntarios eliminaron 25 quilos de plásticos e residuos diversos, ademais dun palet de aproximadamente 50 quilos, que levaba longo tempo exposto á intemperie.

A familia da entidade, comprometida coa protección destacan a presenza de restos de de táboas, bastoncillos, pellets, e palillos de bateas, así como fragmentos de redes, tapóns, botellas, pequenos anacos de plástico e abundantes restos de porexpán, materiais altamente contaminantes e persistentes no medio natural.

A entidade agradece a colaboración do voluntariado e do Concello de Malpica para coordinar a acción.

Con Már de Fábula en Traba

Igualmente, a familia de Mar de Fábula uniuse á iniciativa do voluntario herculino para limpzar a praia de Traba. “Se unha persoa soa é capaz de liarnos a algunhas asociacións e moito voluntariado, o qué conseguiríamos se nos unísemos máis para loitar contra a contaminación!”, sinalan dende o colectivo costeiro, tirando de responsablidade.

Así, 20 persoas en pouco máis de 2 horas limparon o areal laxense, retirando en total 392kg de lixo mariño, dos que 180kg son dun gran tubo de plástico de 18 metros.

Ademais retiraron 95 botelllas de plástico (5,5kg), 28 paos enteiros do culltivo do mexilllón e 56 paos partidos, 125 bastonciños dos ouvidos, 27 paos de chupa chups, 9 portalentilllas procedentes da caída dun contedor no ano 2019, 86 anacos de plástico duro, 189 anacos de porexpan, 9 nasas de plástico e 284 tapóns.

A familia aproveitou para, tras a limpeza, un breve obradoiro con lixo plástico no centro social de Traba. A entidade tamén agradece a colaboración municipal.