20 familias de Malpica necesitan axuda alimentaria

Continúa a crise deixando consecuencias tan graves como que haia cada vez máis familias que non teñan que levar a boca. E non só no corno de África, senón ao carón das nosas casas. En Malpica, son 20 as familias que se teñen que beneficiar das axudas da Fundación Amigos de Galicia e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica para cubrir as súas necesidades básicas.

Onte enviaban un paquete con axuda para estas familias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).