20 voluntarios limparon a praia Area Maior de Malpica

  • A praia de Area Maior de Malpica simula este sábado o rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

O voluntariado de limpOcean, en colaboración coa Concellaría de Obras Públicas e Medio Ambiente, realizou unha nova limpeza esta fin de semana da Praia de Area Maior de Malpica.

Entre unha vintena de voluntarios, incluídos o concelleiro Miguel Fdez, recolleron  180 kilos de lixo, sobre todo plásticos.

Simulacro co CEMMA

O Concello de Malpica colabora coa Deputación da Coruña e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na organización dun simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.
A actividade terá lugar este sábado 19 de novembro ás 11:00h na praia de Area Maior, en Malpica. Todas as persoas interesadas en participar no simulacro poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemmasolicitud@gmail.com.