5 Casas Rurais da Carballo, Malpica e Muxía participan no Outono Gastronómico

Visita á Casa Arpón

En marcha está a 15ª edición do programa “Outono gastronómico en turismo rural”. Esa proposta para disfrutar de produtos de temporada en estancias singulares, leva funcionando dende o pasado 17 de setembro e se prolongará ata o 19 de decembro con prezos que van dende os 30 euros aos 300 euros en función da modalidade que elixa o viaxeiro.

Onte, o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, xunto co alcalde e concelleiro de Malpica, visitaron unha das 5 casas que participan no programa, a Casa Arpón. Na nosa bisbarra están incluídas ademais, Mar de Queo en Carballo e Casa das Fiadeiras, Casa Castiñeira e Casa Ceferinos de Muxía.