A UD Cerqueda fixo entrega dos alimentos non perecedoiro por valor de 425 euros
Un ano máis - e xa van dous -a Unión Deportiva Cerqueda demostrou a súa parte máis solidaria. Pastas, conservas, cacao, aceite e azucre son algúns do alimentos adquiridos coa recadación do Torneo Solidario Os Petóns - no que participaron o Bergantiños, o Sofán e o Cerqueda - e que foron doados á área de Servizos Sociais do concello de Malpica. Estes alimentos contribuirán a cubrir as necesidade de 21 familias do municipio.
O vicepresidente da UD Cerqueda, José Luis García Reigía; o vocal José María García Calvo e o segundo capitán, Daniel Reixía, fixeron entrega de alimentos non perecedoiros por valor de 425 euros, que se corresponden coa recadación no torneo. Por parte do concello de Malpica asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández. A concelleira agradeceu o xesto solidario da UD Cerqueda, que puxo como exemplo de entidade comprometida socialmente, e reiterou o compromiso do goberno municipal coa atención permanente ás familias con máis necesidades.
Novas relacionadas