A volta á esencia enche a Romaría do Santo Hadrián

O Concello de Malpica repartiu 2000 panos de Romeiros no Santo Hadrián

Por algo é unha das poucas citas costeiras declarada Festa de Interese Turístico Galego. Pero é que son milleiros de romeiros os que fan tan especial esta Romaría do Santo Hadrián. Unha cita que aínda garda ese auténtico sabor das merendas tradicionais e que cada ano segue medrando.

Esta pasada mañanciña do domingo 18 de xuño, centos de persoas, engalanados cos seus panos de romeiros (repartíronse ata 2.000 panos) arrincaban dende a vila, atravesando a praia Area Maior, ata chegar á Capela do santo. Unha peregrinación que deixa unhas fermosas vistas por esa cantidade de xente que enche o zigzagueante sendeiro.

A calor non botou para atrás á xente, máis ben todo o contrario, botou unha man para que esta fose unha das romerías máis ateigadas dos últimos anos. E iso que o ano pasado os membros de Protección Civil xa dicían o mesmo. Parece que a aposta pola escencia triunfa. E esas sardiñas, esa música, esas merendas… é precisamente o que queremos os romeiros.

https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1451002228256548/

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).