O alumnado do IES Urbano Lugrís participa na proxección dun documental e un coloquio aberto sobre o Prestige

O Fogar dos Pensionistas da Casa do Pescador de Malpica acolle o xoves 15 de xuño, ás 19.00 horas, a presentación do documental "O Prestige...20 Anos Despois". Contarán coa presenza dos protagonistas e será presentado polo alumnado e cun coloquio posterior.