Antonio Ulloa Reinoso dará unha conferencia sobre sendeirismo

Este sábado día 11 de xuño, as 10:30horas, levarase a cabo no Centro Cívico de Malpica unha conferencia "Camiñando pola Natureza", onde o licenciado en medicina e cirurxía e tamén instrutor de procura e saalvamento en Montaña, Antonio Ulloa Reinoso analizará os riscos que pode traer consigo camiñar. 

Reinoso contará algunha das súas aventuras por diferentes partes do mundo e amosará arredor de 500 fotografías tomadas en Europa, Sudamérica, África ou Islandia, entre outros. Trala conferencia haberá un debate de 50 minutos de duración na que poderán participar os asistentes.